Nova formación

Obradoiro de Contextualización laboral. Dereitos, deberes e achegamento ao mercado laboral.

— O equipo de Arraianas, 23/04/2021

Estes días está a ter lugar na sede de Arraianas o Obradoiro de Contextualización Laboral. Dereitos, Deberes e Achegamento ao Mercado Laboral.

Trátase do primero dunha serie de obradoiros que teñen como obxectivo que as personas participantes dos nosos programas estean formadas e informadas respecto do mercado laboral, a súa evolución e o contexto laboral que nos rodea.

As datas iniciais previstas para impartir estos talleres eran o 21 e 23 de abril, pero debido á gran demanda de solicitudes realizarémolo de novo os días 4 e 11 de maio.

  • Normativa en materia laboral.
  • Dereitos e deberes en materia laboral.
  • Contrato de traballo.
  • ERTE.
  • Extinción do contrato. Finiquito.
  • Réxime de traballador@s do fogar.
  • Arraigo laboral e novidades.
Ademais dedicaremos un tempo para que as persoas participantes compartan as súas experiencias e inquedanzas acerca dos temas a tratar.

Tamén nos gustaría crear un espazo que motive a participación social das persoas que forman parte do mesmo.

Este obradoiro estará impartido polo noso avogado e compañeiro Gonzalo Sáez.

Aínda quedan prazas, animádevos!