Traballa con nós

Oportunidades de traballo

O equipo interdisciplinario de Arraianas reúne a persoas de diferentes campos relacionados coa intervención social. En base ás necesidades dos nosos programas xorden oportunidades para incorporar novas persoas ao noso equipo.

Bótalle unha ollada ás oportunidades de traballo que neste momento temos abertas e, se desexas manifestar o teu interese, envíanos o teu currículo escribindo a arraianas@arraianas.org. Se tes calquera pregunta ou consulta non dubides en contactarnos.

Oferta Psicóloga/o

Na Asociación Arraianas precisamos incorporar ao noso equipo de traballo unha/un profesional da psicoloxía.

FUNCIÓNS PRINCIPAIS DO POSTO

  • Identificación, avaliación e seguimento das posibles vulnerabilidades e necesidades particulares de atención das persoas participantes dos proxectos da entidade.
  • Derivacións a recursos especializados de atención de posibles situacións específicas que requiran atencións específicas.
  • Deseño e dinamización de actividades grupais de temáticas de interese para as persoas atendidas na entidade.
  • Promoción da saúde mental das persoas atendidas pola entidade.
  • Intervención en situacións de crise. Traballo de mediación en situacións de conflito.
  • Elaboración de informes psicolóxicos de uso interno e/ou para distintas administracións cando sexa preciso acreditar determinadas situacións de vulnerabilidade.
  • Realización de acompañamentos a recursos especializados e/ou administracións no caso de valorarse preciso.
  • Promover no equipo de traballo o coñecemento actualizado da realidade psicolóxica da migración e/ou doutras situacións de vulnerabilidade.
  • Cumprimento dos requirimentos legais, documentais e de rexistro dos proxectos.
  • Elaboración de memorias, informes e propostas de mellora dos proxectos así como tarefas na xestión administrativa dos mesmos.
  • Coordinación e seguimento con membros do resto do equipo de Arraianas así como con técnicos/as de outras entidades e/ou organismos públicos.
  • Acompañamento ao equipo en prácticas e/ou voluntario da entidade.
PERFIL

Requisitos mínimos

  • Titulación universitaria en Psicoloxía.
  • Estar colexiada e ter habilitación como Psicólogo/a xeral Sanitario/a.
  • Alta competencia cultural e experiencia en traballo con persoas migrantes e/ou solicitantes de Protección Internacional.
  • Experiencia acreditada no posto de 2 anos.
  • Coñecemento dos recursos sociais e de saúde da contorna.
  • Dominio das linguas cooficiais.
  • Dominio de ferramentas informática: Word, Excel, Power Point, Bases de Datos, etc.
  • Certificación negativa de delitos de natureza sexual.
  • Alta sensibilidade, compromiso social e compromiso cos valores da entidade.
Requisitos desexables

  • Formación en igualdade e migracións.
  • Formación en Terapia Familiar Sistémica.
  • Experiencia no Terceiro Sector.
  • Idiomas: inglés, francés e/ou árabe.
CONDICIÓNS LABORAIS

  • Tipo de Contrato: Temporal ata 31/12/2024.
  • Xornada: Parcial.
  • Remuneración: A establecida para a categoría profesional do Grupo I do Convenio Colectivo Estatal de Acción e Intervención Social.
  • Modo recepción de candidaturas: Enviando Currículo e carta de motivación a arraianas@arraianas.org especificando no asunto: PSICÓLOGO/A. Por requirimentos lexislativos no eido da protección de datos, precisamos que explicites no corpo do mail o teu nome e apelidos, outorgando a túa conformidade e consentimento expreso para poder gardar unha copia do teu CV.

O período de recepción de currículos permanecerá aberto ata o 4 de agosto.