Curso de galego para persoas migrantes

Nova formación

— O equipo de Arraianas, 24/06/2021

Acordo co dereito á integración social das persoas estranxeiras estipulado na lexislación española, en Arraianas consideramos a aprendizaxe do idioma un dos primeiros recursos precisos para a mesma. As persoas que participan no Programa “Ayni” que así o precisen poderán apuntarse neste curso de galego.

Pretendemos con esta actividade dotar as persoas que non falen galego, dun nivel suficiente para establecer unha base sólida coa que poder acadar autonomía de cara a unha integración social e laboral.

En canto aos contidos a traballar nas clases, baseámonos en temas ou ámbitos relacionados co entorno que rodea aos cidadáns e cidadás inmigrantes. Os temas xurden de situacións relacionadas coas necesidades e intereses das persoas, como por exemplo a procura de emprego, aloxamento, solicitude de servizos, etc.

A formación terá unha duración de 20 horas repartidas en clases de 2 horas e media que se realizarán 2 veces por semana, martes e xoves, durante o mes de xullo do 2021. Os temas a desenvolver se tratarán nos seguintes módulos:

  • Identificación persoal.
  • Entorno e vivenda.
  • Vida cotiá e traballo.
  • Saúde e coidado persoal.
  • Compras.
  • Servizos públicos.
  • Relacións con outras persoas, tempo libre e ocio.
+ Información:

Correo electrónico

arraianas@arraianas.org

Teléfono

+34 981 936 034

+34 623 004 843