Únete a Arraianas

Por que asociarme?

Uníndote a Arraianas estarás axudando a persoas en risco de exclusión social, especialmente a mulleres e persoas migrantes. A túa contribución facilitará a estas persoas o acceso a servizos de atención especializada que, doutro xeito, non terían ao seu alcance.

Se necesitas máis información sobre o noso traballo, convidámoste a que coñezas os nosos programas de intervención. Ademais, para resolver calquera dúbida sempre podes contactarnos.

Grazas ao apoio das socias e socios podemos seguir traballando na consecución dunha sociedade máis xusta e intercultural.

Como podo asociarme?

Para asociarte a Arraianas só tes que seguir estes pasos:

  1. Descarga a solicitude de alta de socia/o.
  2. Cubre correctamente as dúas follas da solicitude e asínaas. Se tes calquera dúbida sobre como facelo, non dubides en consultarnos.
  3. Fainos chegar a túa solicitude por correo electrónico a arraianas@arraianas.org, ou se o prefires por correo postal dirixido a Asociación Arraianas. Rúa do Pexigo de Arriba 32, Baixo, 15703 Santiago de Compostela.
  4. Responderemos o antes posible confirmando a túa alta como socia/o de Arraianas.