Migrandi

Promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social 2020, 2021 e 2022

Programa de asesoramento técnico especializado en materia de estranxeiría.

O programa Migrandi está orientado ao asesoramento xurídico en materia de estranxeiría. A prestación deste servizo garda relación con múltiples especialidades do dereito (civil, laboral, penal ou administrativo), polo que implica a integración de diferentes perspectivas.

Partindo desta base, as principais accións a desenvolver no programa Migrandi son:

  1. Asesoramento e apoio nos trámites precisos para as autorizacións e renovacións de residencia.
  2. Homologacións de títulos.
  3. Reagrupamentos familiares.
  4. Nacionalidade e demais cuestións relacionadas coa nacionalidade.
Do mesmo xeito, o programa tamén contempla a prestación doutros servizos como:

  • Asesoramento e acompañamento ante procedementos sancionadores.
  • Seguimento das solicitudes de Protección Internacional, en aumento nos últimos anos. Esta necesidade implica un seguimento especializado e en coordinación coa Área Psicolóxica da entidade. A través deste traballo conxunto, prestarase un apoio psicoxurídico a aquelas solicitudes de protección internacional que o precisen. Este apoio xorde das especiais vulneracións dereitos e dificultades que soportan as persoas solicitantes nos seus países de orixe.
O programa Migrandi ten como obxectivo acadar a inclusión e a consecución de dereitos das persoas migrantes. Está cofinanciado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e pola Unión Europea no marco do Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020 (O FSE inviste no teu futuro) co obxectivo de promover a igualdade, a saúde e a inclusión social.