Nnabata

Deputación da Coruña

Atención integral a persoas migrantes

Programa financiado pola Deputación da Coruña. Trátase dun Programa de acompañamento dende os ámbitos xurídico, psicolóxico e social, dirixido a facilitar a inclusión social, a participación activa e o desenvolvemento de habilidades e coñecementos que lle permitan ás persoas migrantes desenvolverse na sociedade de acollida. Dito programa componse de tres eixos fundamentais:

Asesoramento xurídico: servizo especializado en materia propia de estranxeiría e Protección Internacional (PI), vinculado tamén con múltiples especialidades do dereito civil, laboral, administrativo, etc., facilitando así unha atención completa. As xestións principais serán:

  • Asesoramento e apoio nos trámites precisos para as autorizacións e renovacións de residencia.
  • Reagrupamento familiar.
  • Nacionalidade e demais cuestións relacionadas coa mesma.
  • Outros servizos: teranse en conta os procedementos sancionadores en materia de estranxeiría e servizos de asesoramento xurídico no ámbito da PI.
Atención psicolóxica: servizo que actúa como eixo artellador da intervención, facilitando o restablecemento da capacidade de afrontamento e desenvolvemento funcional e social na procura da reconstrucción do proxecto vital das persoas migrantes, o cal se ve afectado polo estrés aculturativo que implica o proceso migratorio e a adaptación á nova situación. A través dunha metodoloxía baseada na potenciación da motivación, o control e a autonomía, cunha visión positiva da humanidade como chea de recursos e de capacidades para a resiliencia e, en coordinación coa área de intervención social, . estableceranse sesións de atención psicolóxica individual ou familiar dependiendo da problemática a traballar.

Acompañamento social: a través da orientación social individualizada búscase facilitar información e apoio na xestión de recursos de primeira necesidade e recursos/axudas económicas ou sociais, tamén no funcionamento das Administracións Locais, do Sistema Educativo Galego, do Servizo Galego de Saúde (SERGAS), do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE), etc. así como noutros recursos aos que poidan acceder e que sirvan para ampliar a súa rede social de apoio, facilitando a súa plena integración social. Para acadar dita integración consideramos importante realizar acompañamentos naquelas xestións fundamentais afecten no día a día das persoas e que permiten incrementar o coñecemento e adaptación á nova sociedade na que viven.

Custe do proxecto: 35.553,27 €

Subvención Concedida: 14.886,15 € (coeficiente de financiamento 0,7900)