Arrimamos ombreiro

Establecemento de redes e alianzas

Desde Arraianas pensamos que é imprescindible no noso traballo establecer mecanismos de colaboración, tender pontes e tecer redes co resto de axentes comunitarios e entidades que dalgún xeito están implicadas no labor de axudar a mellorar a vida de todas as persoas que convivimos na nosa contorna. É por isto que sempre estaremos abertas ao diálogo e, por suposto, encantadas de arrimar o ombreiro.

Neste sentido, Arraianas pode, por exemplo, prestar asesoramento especializado en materia de estranxeiría e protección internacional, ou realizar intervencións tanto psicolóxicas como sociais con persoas culturalmente diversas.

Se como entidade tedes calquera tipo de necesidade que Arraianas pode satisfacer, ou se queredes achegarnos calquera proposta de colaboración, non dubidedes en contactarnos. Comprometémonos a facer todo o que estea nas nosas mans.