Mujeres en Afganistán

Relato de Activistas por la defensa de los derechos humanos

— El equipo de Arraianas, 22/05/2023

Trala toma do poder en Afganistán por parte das autoridades talibáns, a sociedade afgá viuse sometida a un profundo cambio.

A adopción por parte das autoridades políticas do fundamentalismo islámico implicou a saída forzosa de miles de persoas que foron ameazadas ou sobre as que foron violentados os seus dereitos fundamentais, sexa polas súas opinións políticas, as súas profesións, ou polo seu xénero. Facéndose eco desta realidade, a Asociación Arraianas traballou pola evacuación de Afganistán e a chegada a Galicia, de varias familias.

A pesar de que os feitos aconteceron en agosto do 2021, parécenos importante salientar, a labor das mulleres e do seu activismo social e a súa loita pola defensa dos dereitos humanos en Afganistán. Estas mulleres, víronse obrigadas a abandoar os seus traballos e fogares polas ameazas e o temor fundado a sufrir persecución por terse posicionado como activistas feministas.

Queremos deste xeito colaborar para que a súa historia e a súa labor na procura e defensa dos dereitos das mulleres, sexa coñecida, tanto pola aportación que poden facer á nosa sociedade, como para poder colaborar coas súas compañeiras que aínda residen agochadas no seu país. Deste xeito, queremos reivindicar o papel transformador das mulleres na sociedade e máis concretamente, compartir as experiencias daquelas que tiveron que verse obrigadas a abandoar o seu país polo feito de ser mulleres que loitaban na procura dos seus dereitos en Afganistán.

Polo tanto, propoñemos unha xornada de 4 horas de duración organizada da man da UAMI do Concello de Santiago de Compostela e financiada por este, na que as mulleres participantes relatarán a situación vivida no seu país, falando da súa experiencia como defensoras dos dereitos das mulleres nun contexto no que sufriron persecución por dito motivo. Consideramos que é importante coñecer as historias de persoas que teñen recoñecido o estatuto de refuxiadas no noso país polo impacto social transformador e o eco que poden ter.

A xornada será o venres 26 de maio ás 17:00 na Sala de Conferencias da Sede de Afundación na Rúa do Vilar, 19 en Santiago de Compostela.

A entrada é libre ata completar aforo.