NosOutras

Promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social 2023, 2024 e 2025

Programa de inclusión e transición ao emprego para persoas en risco de exclusión.

O programa NosOutras está dirixido a facilitar a inclusión social e laboral activa, a participación activa, e o desenvolvemento de habilidades e coñecementos que permitan ás persoas en risco de exclusión social desenvolverse na sociedade e mellorar o seu nivel de empregabilidade.

Para a consecución deste obxectivo, desenvólvese un programa artellado en torno a unha serie de accións grupais e individuais que se complementan con outros recursos do sistema galego de servicios sociais existente no ámbito territorial de acción.

As accións dentro deste programa están vinculadas á realización de itinerarios personalizados de inserción de cara a mellora do nivel de empregabilidade de persoas en risco de exclusión. Ademais, a entidade leva acabo unha serie de accións de asesoramento e apoio técnico especializado no eido xurídico, formativo e de ocio. As persoas participantes do programa NosOutras poderán acceder complementariamente a estas actividades.

O programa NosOutras ten como obxectivo mellorar a calidade de vida das persoas risco de exclusión social. Trátase dunha operación cofinanciada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo Plus (FSE+) a través do programa FSE+ Galicia 2021-2027 co obxectivo de fomentar a inclusión activa co obxecto de promover a igualdade de oportunidades, a non discriminación e a participación activa, e mellorar a empregabilidade, en particular para os colectivos desfavorecidos.