O programa NosOutras está dirixido a facilitar a inclusión social e laboral activa, a participación activa, e o desenvolvemento de habilidades e coñecementos que permitan ás persoas en risco de exclusión social desenvolverse na sociedade e mellorar o seu nivel de empregabilidade.
Para a consecución deste obxectivo, desenvólvese un programa artellado en torno a unha serie de accións grupais e individuais que se complementan con outros recursos do sistema galego de servicios sociais existente no ámbito territorial de acción.
As accións dentro deste programa están vinculadas á realización de itinerarios personalizados de inserción de cara a mellora do nivel de empregabilidade de persoas en risco de exclusión. Ademais, a entidade leva acabo unha serie de accións de asesoramento e apoio técnico especializado no eido xurídico, formativo e de ocio. As persoas participantes do programa NosOutras poderán acceder complementariamente a estas actividades.
O programa NosOutras ten como obxectivo mellorar a calidade de vida das persoas risco de exclusión social. Está cofinanciado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e pola Unión Europea no marco do Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020 (O FSE inviste no teu futuro) co obxectivo de promover a igualdade, a saúde e a inclusión social.