Estamos de mudanza

Cambiamos de local a partires de marzo

— O equipo de Arraianas, 08/03/2021

É un pracer para nós poder contar que a sede de Arraianas está a piques de cambiar. Temos por diante unhas longas semanas de acomodación, pinturas e arranxos varios pero a partires do 22 de marzo do 2021 esperamos vervos pronto no novo local.

Estamos moi contentas de poder contar cun espazo para que a xentiña que formamos Arraianas o poidamos facer noso, tanto o equipo como as persoas socias, pero sobre todo, esperamos que as persoas que participan dos nosos programas o atopen un lugar onde se poder sentir como na casa.

A nova dirección de Arraianas é: Rúa Pexigo, nº 32, baixo, 15703. Santiago de Compostela.

Vémonos aquí a partires do 22/03/2021!