A vinganza das raíces cadradas

Sae o libro de Charo Cuba Penabad

— O equipo de Arraianas, 01/12/2022

Xa chegaron a Arraianas algúns exemplares de "A vinganza das raíces cadradas", de Charo Cuba. Se queredes un agasallo fantástico para a vosa xente, esta é a vosa oportunidade! Ademais, a autora cedeu os dereitos a Arraianas polo que estamos inmensamente agradecidas.

En canto ao libro e en palabras da autora, "estes relatos teñen como denominador común a emigración: dos que se foron, ás Américas ou a Europa, pero tamén dos que viñeron e siguen vindo en busca dun futuro mellor, que é o que move o mundo desde que é mundo. Son historias de ficción, algunhas delas inspiradas en personaxes ou feitos reais, que contan ausencias, desarraigos, esgazamentos, perda de identidade, fracasos e algún que outro éxito".

Os exemplares teñen un prezo de 14,95€. Se queredes un, para encargalo podedes chamarnos, escribirnos un mail ou pasar pola nosa sede directamente a mercalo.

Para calquera información que precisedes, contactade con nós:

+ Información:

Enderezo electrónico

arraianas@arraianas.org

Teléfono

+34 981 936 034

+34 623 004 843

Moitos éxitos veñan, Charo!❤️❤️❤️