Eventos da semana!

Venres presentación do libro "A vinganza das raíces cadradas" e domingo de mercadiño

— O equipo de Arraianas, 08/02/2023

Benqueridas todas!

Esta semana temos distintos eventos en Arraianas e queremos convidarvos a que nos acompañedes e formedes parte deles. Temos dúas citas importantes!

Este venres 10 de febreiro, ás 19:00 na Casa do Taberneiro (Rúa de San Pedro, 15. Santiago) faremos a presentación do libro da nosa benquerida Charo Cuba "A vinganza das raíces cadradas" (Ed. Medulia). Vide a coñecelo e a coñecela xa que ademais de ser un libro fantástico que trata o tema da migración e os seus retos, Charo donou os dereitos da súa autoría a Arraianas, co que se o mercades estaredes botando unha man!

A outra cita é este domingo 12 de febreiro de 12:00 a 17:30, no local social da Asociación Cultural e Xuvenil Itaca (Rúa do `Pombal, 18. Santiago). Trátase dun mercadillo solidario no que poderedes atopar moitos artigos de segunda man (libros, roupa, complementos, etc.) e disfrutar dunha sesión vermú con musica e pinchos.

Animádevos! Unha gran aperta!

+ Información:

Enderezo electrónico

arraianas@arraianas.org

Teléfono

+34 981 936 034

+34 623 004 843