Colabora con Arraianas mercando libros no noso local

Agradecidísimas estamos, Rahila e Charo!❤️❤️❤️

— O equipo de Arraianas, 26/04/2024

Este ano 2024 tivemos outra sorpresa literaria en Arraianas. Unha persoa moi querida para nós pola historia que nos une, Rahila Raya, decidiu traducir á lingua castelá "La hija del Visir". Trátase dunha novela escrita por Lillas Hamilton, que foi doutora na corte do Emir de Afganistán Abdur Rahman Khan. Foi alí onde Lillas escribiu estas páxinas, baseadas en historias e persoas reais. Esta novela narra a vida de Gul Begum, unha muller extraordinaria que deberá enfrontarse ao seu propio destino e loitar pola súa vida, nun mundo marcado polas intrigas, a violencia e a mezquindade. Un relato inédito que nos introduce no seo das familias musulmás, permitíndonos comprender que a beleza do ser humano áchase nos actos de amor.

Rahila donou a Arraianas exemplares de "La hija del Visir" co que grazas a ela e coa adquisición dos mesmos, estaredes colaborando coa entidade. Teñen un prezo de 20€. Se queredes un, podedes chamarnos, escribir un mail ou pasar pola sede a mercalo.

No ano 2022, Charo Cuba, escritora de "A vinganza das raíces cadradas", doou os dereitos da súa novela en favor da nosa entidade polo que estamos enormemente agradecidas! Trátase dun libro de relatos que en palabras da autora, "... teñen como denominador común a emigración: dos que se foron ás Américas ou a Europa pero tamén dos que viñeron e siguen vindo en busca dun futuro mellor, que é o que move o mundo desde que é mundo. Son historias de ficción, algunhas delas inspiradas en personaxes ou feitos reais, que contan ausencias, desarraigos, esgazamentos, perda de identidade, fracasos e algún que outro éxito".

Os exemplares de "A vinganza das raíces cadradas" teñen un prezo de 14,95€. Se queredes un, para encargalo podedes chamarnos, escribirnos un mail ou pasar pola nosa sede directamente a mercalo.

Quedannos moi poucos libros á venda así que se queredes uns agasallos fantásticos para a vosa xente, aínda estades a tempo, esta é a vosa oportunidade!

Para calquera información que precisedes, contactade con nós:

Enderezo electrónico: arraianas@arraianas.org

Teléfono: +34 981 936 034