Xa estamos na raia!

Estreamos a nosa web

— O equipo de Arraianas, 14/12/2020

Dende Arraianas queremos darvos a benvida á nosa estrea no mundo dixital e presentarvos a nosa web. Aproveitaremos este espazo arraiano para mostrar o camiño que vaiamos percorrendo, así como as diferentes novidades que sexan de interese.

Aínda que xa comezamos a nosa andaina é marabilloso poder ter un espazo no que mostrar o que estamos a facer e os pequenos logros que imos conseguindo.

Gustaríanos que esta plataforma sirva como foco que visibilice e dea voz á situación que vive tanta xente silenciada. Parafraseando a Galeano, persoas que non son, aínda que sexan.

Queremos agradecer ás persoas que fixeron este proxecto dixital posible e que investiron tantas horas e esforzo en que esta web sexa unha realidade que estamos orgullosas de compartir con todo o mundo.

Grazas Yoly polas túas incribles ilustracións (Yland). Grazas Manu polo fantástico desenvolvemento.

Apertas.