Proxecto de atención integral dirixido a conseguir a inclusión social, fomentar a participación activa e o fortalecemento de habilidades das persoas migrantes na súa nova sociedade.
O obxectivo xeral é promover o empoderamento e a participación, a plena inclusión social e a autonomía das persoas migrantes, con especial atención a mulleres, para favorecer a igualdade de dereitos e oportunidades de todas as persoas e a súa participación activa na sociedade de acollida. Para iso realizaranse as seguintes accións:
Acompañamento social para facilitar o coñecemento dos costumes e claves culturais e
o acceso aos recursos públicos, posibilitando a diminución de desigualdades sociais, educativas, administrativas e de saúde, fundamentais e para promover a inclusión social das persoas migrantes. Preténdese tamén fomentar a súa autonomía na sociedade de acollida evitando a cronificación da dependencia aos dispositivos de axuda.
Acompañamento xurídico para fomentar a consecución de dereitos e facilitar información,
orientación e asesoramento legal en materia de estranxeiría. Deste xeito pódense engadir mais
garantías á igualdade de oportunidades no acceso aos dereitos das persoas migrantes e solicitantes de Protección Internacional.
Acompañamento psicolóxico para facilitar ás persoas migrantes o acceso á atención
especializada das dificultades psicolóxicas e psicosociais do proceso migratorio, buscando a recuperación dos efectos negativos producidos pola fuxida do seu país de orixe e polas graves vulneracións dos seus DD.HH. Esta atención facilita a integración e adaptación a unha nova contorna e potenciará o empoderamento persoal, emocional e social.
Grupos de participación social e articulación de redes comunitarias. Entre os resultados agardados está: Maior coñecemento da sociedade de acollida e os seus recursos. A mellora do status administrativo de participantes. Acceso a servizos básicos como educación, sanidade, axudas públicas etc. A redución da sintomatoloxía asociada ao seu proceso migratorio.
Maior autonomía e independencia das persoas atendidas. Incremento da rede de apoio e a diminución da soidade das persoas migrantes como unha das principais variables que inflúen na súa saúde mental.
Unha vez comprobado o éxito e mantemento do proxecto en Santiago de Compostela e comarca, búscase a súa replicabilidade. A necesidade detectada de que a poboación migrante da Mariña Lucense ten de acceder a servizos especializados, impulsa á entidade a deslocalizar o proxecto en ambos os territorios para garantir a atención á poboación migrante.