Xermolo

Promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social 2023, 2024 e 2025

Inclusión básica para a poboación migrante da Comarca de Santiago e dos Concellos limítrofes a esta.

O Proxecto Xermolo nace para ofrecer ás persoas migrantes servizos e atención especializada importantes en calquera proceso de inclusión. Desenvolverase nel un proxecto de inclusión social individualizado para as persoas participantes que o precisen, sempre tendo en conta as súas características e necesidades. A coordinación con outros servizos que ofrece a entidade a través do proxecto persoal de inclusión social, permite unha atención integral de calidade de cara á inclusión social das persoas.

Dotar ás persoas estranxeiras do apoio especializado as súas necesidades e casuísticas é imprescindible para a súa inclusión social, benestar psicosocial e desenvolvemento social. Ofertando unha serie de servizos especializados, preténdese acadar a inclusión social das persoas participantes mediante a consecución dos seus dereitos e do traballo pola igualdade de oportunidades.

Neste sentido, é imprescindible promover a seguridade das persoas estranxeiras no ámbito social, xurídico, administrativo ou atender as dificultades psicolóxicas, psicosociais e de saúde derivadas do proceso migratorio. Así, a recuperación dos efectos negativos produto da fuxida do seu país de orixe situase na base do futuro desenvolvemento integral da persoa así como nun acceso ao mercado laboral exitoso.

Outro aspecto importante desta intervención integral será darlles ás persoas o asesoramento e apoio preciso para o acceso a todo tipo de axudas, subvencións ou subsidios outorgados pola Administración.

El programa Xermolo tiene como objetivo mejorar la calidad de vida de las personas migrantes. Se trata de una operación cofinanciada por la Consellería de Política Social de la Xunta de Galicia y por El Fondo Social Europeo Plus (FSE+) a través del Programa FSE+ Galicia 2021-2027 con el objetivo de promover la integración socioeconómica de las personas nacionales de terceros países, incluidas las inmigrantes.